Os misterios que se agochan nos teus bosques, na beira dos teus regatos, na corteza das túas árbores, no solpor. As historias dos carballos e os raposos, e as túas peles enrugadas, mais rezumas humildade,sen descanso. Estragada, abusada e castigada, polas xentes que acolliches, esgotaron as túas forzas, teu amor. Compa?eira de aturuxos afogados, de granito e de madeira, que iluminas os meus pasos coa túa maxia. Mi?a amiga, esvaneceste entre fumes, xa cavaron a túa tumba, rodeada de eucaliptos e petróleo. Cando morra, eu ofrézoche os meus ósos, que alimenten a túa terra, para que dela broten novos bidueiros.