Cara Belén camiña unha Nena ocupada fermosa, en canto a ela, San Xosé a acompaña. Chegaron a Belén e pediron pousada, responderon de adentro con voz alborotada. ¿Quen chama á miña porta, quen á porta me chama? Somos Xosé e María que pedimos pousada. Se traen cartos que entren e senon que se vaian. Cartos non traerei, máis que un real de prata. Isos son poucos cartos, pídanno noutra parte. San Xosé xa penaba, María o consolaba. Non te apenes Xosé, non te apenes por nada, ¿qué máis cartos ti queres que isto que me acompaña?